sábado, 7 de maio de 2011

Rádiofusiòn (Corunha)



Rocha acaba de facerse co Premio Literario Maria Ondina Braga
“Sinto que a miña alma é galega”, asegura o escritor portugués Pedro Miguel Rocha. Ese sentimento explica por que o autor ambienta todas as súas novelas en Galicia. A última, O eremita galego, acaba de valerlle o premio Maria Ondina Braga, que outorga o concello de Braga. A obra narra a historia dun profesor universitario de 50 anos que, por mor dos seus problema personais e profesionais, ve a necesidade de refuxiarse na Costa da Morte. Se nesta ocasión Muxía é o escenario elixido por Pedro Miguel Rocha, no seu último libro optara por Fisterra e o seguinte en camiño, segundo adiantou en Radiofusión, desenvolverase en Laxe.


“A historia cometeu un grande erro ao separarnos, somos moi parecidos”, afirma o escritor cando se lle pregunta pola relación entre Galicia e Portugal. Aprecia nos últimos anos importantes pasos de aproximación entre os dous países, pero coida que aínda non son os suficientes. El, a nivel persoal, si tende pontes entre as dúas beiras do Miño: visita Galicia con frecuencia, declárase apaixonado da nosa cultura e estudou galego na Universidade do Minho.
Pedro Miguel Pereira da Rocha naceu en Vouzela en 1973, é licenciado en Ensino de Portugués e Inglés e reside no Miño. Publicou en 2009 Juntos Temos Poder, en 2010 Chegámos a Fisterra e Já Não se Fazem Homens como Antigamente e, en 2011, O Eremita Galego, novela pola que acaba de recibir o Maria Ondina Braga. Ese galardón, que outorga o Concello de Braga, ten como obxectivo “honrar a memoria desta insigne escritora, nacida e falecida na cidade, e cuxa obra representa un patrimonio da máis elevada importancia para a cultura portuguesa e un gran motivo de orgullo para todos os bracarenses”.

Entrevista em: http://www.radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=10476


Radiofusiòn (Corunha)




Sem comentários:

Enviar um comentário